A Casa da Cultura de Abelendo acolle a Jam Martiño este sábado 8 de novembro con motivo das festas da parroquia, un evento que ven organizándose dende 2008.
Este sábado 8 de novembro, ás 20:30 horas, a Casa da Cultura de Abelendo volverá converterse no escenario da xa consolidada e recoñecida Jam Martiño, unha cita musical que reúne cada ano a diversos músicos de Moaña para celebrar o San Martiño con boa música e ambiente festivo. A banda invitada será Pladür.
É un evento de referencia na zona e unha oportunidade para gozar do talento local e do espírito comunitario que caracteriza á vila.
A entrada é libre ata completar aforo.

