A alcaldesa María Ramallo recibiu a Anik Nandi, representante da Worxen University e presidente do único Centro de Estudos Galegos para Asia, que firmou un convenio co club de baloncesto marinense
A alcaldesa, María Ramallo, recibiu recentemente a Anik Nandi, representante da Worxen University e presidente do Centro de Estudos Galegos para Asia, que veu acompañado de Luis Santiago, do PeixeGalego, clube co que firmou un convenio para crear un lazo formativo entre os deportistas e a universidade india. Nandi, que fala á perfección o galego e é un embaixador da nosa terra na súa propia, tamén estivo en Galicia impartindo unha charla sobre lingua galega, no marco do seu convenio co Consello da Cultura Galega, e outra conferencia no SEI San Narciso.
A súa formación en sociolingüística faille ver idioma como unha ponte entre pobos a nivel cultural pero tamén como unha importante ferramenta a nivel económico, formativo e de progreso, puidendo unir e trasvasar talento e esforzos desde a India cara a nosa comunidade.
A través de intercambios e colaboracións tanto con clubs deportivos como con administracións, a universidade procura ensanchar esta unión intercontinental, da que a alcaldesa coñeceu os detalles máis polo miúdo.
Ramallo agradeceu enormemente a Nandi a súa implicación coa defensa do noso idioma e o apoio aos deportistas que desempeñan a súa traxectoria en Marín e que poden ver nesta oportunidade unha man tendida para continuar a súa formación máis alá das nosas fronteiras.
Por outra banda, Nandi ofreceu a posibilidade de facer un traballo á inversa, ofrecendo alumando do seu centro como auxiliares de conversa que poidan traballar na comunidade.