A mostra, que denuncia a trata de nenas e mulleres con fins de explotación sexual, estará na Casa de Cultura de Riomaior do 16 ao 30 de decembro
A exposición Chicas nuevas 24 horas chega a Vilaboa para sensibilizar a cerca da trata de nenas e mulleres con fins de explotación sexual. Esta mostra, que poderá visitarse na aula de exposicións da Casa de Cultura de Riomaior entre o 16 e o 30 de decembro, compleméntase cun documental que se proxectará cun pase único e de xeito gratuito o día 20 de decembro ás 19 horas.
Integran a exposición -que se inaugura o día 16 ás 19 horas – diferentes fotografías sobre a compra e venda de mulleres e nenas para a súa explotación sexual. O Concello de Vilaboa convida a veciñanza e á comunidade educativa a visitala e contribuir deste xeito a “erradicar a imaxe de sexualidade asociada a pornografia e violencia que cada vez máis se consume pola xente xoven a idades temperas”, apunta Carmen Gallego, concelleira de Igualdade. Engade que esta exposición foi solicitada polo Concello dada a súa relevancia na loita contra a violencia machista
Por elo convida á cidadanía a asistir á proxección do documental Chicas nuevas 24 horas, no que se dan a coñecer testemuñas de mulleres e nenas de España, Arxentina, Perú, Colombia ou Paraguai, afectadas por esta lacra.
O programa esta producido e guionizado por Mabel Lozano, cineasta comprometida co mundo da muller e os dereitos humanos, que ten abordado a denuncia da explotación sexual e a violencia contra a muller en longametraxes e curtas ao longo da súa filmografía. O seu traballo, Biografía del cadáver de una mujer recibiu o Premio Goya á mellor curtametraxe documental.
Este actividade, na que participará alumnado da ESO os días 17 e 18 de decembre, está enmarcada no cumprimento dos obxectivos do Plan de Igualdade para a Cidadanía vixente en Vilaboa, no que a formación e a educación son pilares fundamentais.