Sancho e a concelleira presentando as xornadas.

A concelleira Beatriz Rodríguez presentou xunto ao Gonzalo Sancho, sobriño do célebre arqueólogo, presentaron a nova edición, que xa ten as inscricións abertas

As Xornadas Blanco Freijeiro volverán do 24 ao 28 de novembro á Biblioteca Municipal para seguir explorando quen somos a través da arte, a arqueoloxía e a historia. Esta nova edición foi presentada pola concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, e o sobriño do célebre historiador e arqueólogo marinense, Gonzalo Sancho.

Desta vez, a temática escollida será a doenza e a súa curación, tratándoa desde unha perspectiva histórica que permita comprender os avances da medicina e as enfermidades que tiveron que enfrontar as sociedades que nos precederon.

Tamén se falará da coexistencia da medicina oficial e a popular, que no medio rural mestura médicos, bruxas ou relixión. E por suposto a doenza debe tratarse non só no plano físico, senón tamén no mental, onde a cultura resulta clave para a valoración social do enfermo.

Tal e como expresou a concelleira,, “estas xornadas evidencian algo moi importante nos tempos que corren: que segue a haber interese polo estudo e a análise, pola búsqueda de respostas e polo aumento do coñecemento, porque sempre son un éxito e estou segura que así e revalidará, cun tema que ten un interese practicamente transversal a calquera ser humano”.

As inscricións xa están abertas a través do mail xornadas.blanco.freijeiro.marin@gmail.com

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *