A Confraría de Pescadores "San Xosé" de Cangas.

A Confraría de Pescadores “San Xosé” presentou respectivamente con datas 1 e 4 de abril de 2025, solicitudes de axudas para os proxectos: INVESTIMENTOS VARIOS DA CONFRARÍA DE CANGAS 2025” e “GASTOS DE PERSOAL DA CONFRARÍA DE CANGAS 2025 (PROCURA SOLUCIÓNS PRODUTOS BAIXA DEMANDA)”, ambos os dous ao abeiro das Bases para a concesión de subvencións ás confrarías de pescadoras e pescadores, federación de confrarías e agrupacións de mariscadoras da provincia de Pontevedra, para investimentos e gastos correntes durante o exercicio 2025, Posteriormente, a  Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra, na súa sesión ordinaria de data 13 de xuño de 2025, procedeu ao reparto de axudas a confrarías de pescadores, federación provincial  de confrarías e agrupacións de mariscadoras e mariscadores da provincia de Pontevedra, para investimentos e gastos correntes durante o exercicio 2025. No devandito reparto, outorgáronselle axudas á confraría de Cangas por 14.674’41 € para o caso dos investimentos (80% do importe solicitado) e 7.975’00 € para os gastos de persoal (29’57 % do solicitado).

Os obxectivos de ambos os proxectos referidos foron: INVESTIMENTOS.- 1-Instalar un novo motor de 130 CV na embarcación de vixilancia “Navalleira”. 2-Adquirir e instalar diversos equipos informáticos e de pesada de produtos pesqueiros, de cara a anovar distintos puntos de pesaxe na lonxa de Cangas. 3- Mercar diversos corpos de estadas para o servizo de varada de embarcacións deste porto. GASTOS DE PERSOAL.- Téntanse sufragar os custos dos traballos de estudos de mercado, iniciativas e actuacións postas en marcha para mellorar a comercialización de produtos pesqueiros con escasa demanda, mediante o desenvolvemento de novos produtos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *