A alcaldesa, María Ramallo, e o director do centro, Diego Landín, estiveron hoxe nas instalacións do Ballet, na que durante todo o verán estiveron formándose cerca de 30 bailaríns e bailarinas de distintas partes de España e do estranxeiro
Andalucía, distintos puntos de Galicia, Cataluña, México… O Ballet de Galicia de Marín conseguiu un ano máis converter a nosa vila no epicentro da danza clásica co seu Summer Intensive, que terá un colofón espectacular na Gala de Danza do 31 de agosto, ás 20.00 horas, na Alameda.
A alcaldesa, María Ramallo, e o director do Ballet de Galicia, Diego Landín, presentaron esta mañá o evento acompañados do alumnado do centro, que estivo ensaiando algunhas das pezas que se poderán desfrutar o día da gala.
Tal e como explicou Landín, que ensinou á rexedora os cambios que se produciron na academia para poñer aínda máis en valor o talento de canteira que foron creando desde o seu nacemento, “levamos cinco anos e cremos que desta vez será a gala na que se poida ver máis nivel”.
Nela, participarán os nenos e nenas que están a ser parte do Summer Intensive, un programa formativo impulsado por Landín no que participan cerca de 30 bailaríns e bailarinas, así como un mestre de danza de Cantabria, que vén de traballar case unha década nunha prestixiosa compañía de Alemania.
Na gala, a veciñanza marinense desfrutará das novas coreografías e pezas do repertorio da escola artística en diferentes estilos, ademáis de todo o repertorio clásico, no que o Ballet de Galicia estase posicionando como un auténtico referente.