A Consellería do Mar ven de aprobar outros 3 proxectos propostos pola xunta directiva do GALP Ría de Vigo – A Guarda, neste caso financiados a concellos da zona GALP Ría de Vigo – A Guarda. Trátase dos municipios de Vilaboa, Soutomaior e Baiona. As propostas destos concellos recibiron luz verde o pasado 08/08/25, e únense aos 5 proxectos de promotores privados aprobados o 30/07/25 en Baiona, Vigo, Nigrán e Moaña.
En primeiro lugar, destaca o proxecto ‘Camiño do sal’ impulsado polo Concello de Vilaboa co obxectivo principal de revalorizar e recuperar a nivel medioambiental e cultural o espazo das Salinas de Ulló. En concreto, búscase obter a declaración de Ben de Interese Cultural (BIC) deste complexo salinero, para potenciar o turismo mariñeiro e da historia da producción do sal mariña, apoiar as novas industrias conserveiras da zona, e recuperar a área a nivel medioambiental e cultural . Para conquerilo, se realizarán accións de divulgación do sector mariñeiro (a través da posta en valor da actividade do sector marisqueiro), divulgación medioambiental (incidindo nos riscos das especies invasoras e destacando a importancia da conservación desta zona, declarada Rede Natura), divulgación patrimonial cultural (favorecendo o apego da xente polo mar) e mapeados colectivos de rexistro da memoria oral e enquisas online para revalorar socialmente o lugar.
O orzamento desta iniciativa é de 90.493,95€ e está subvencionada polo FEMPA (Fondo Europeo Marítimo e de Pesca e Acuicultura) e a Consellería do Mar, nun 70% e 30% respectivamente. O seu prazo de execución é de 30 meses. ‘A memoria sostible: a paisaxe litoral e fluvial de Soutomaior’ é o segundo dos proxectos aprobados nesta nova relación. Trátase dunha proposta do Concello de Soutomaior que aposta por poñer en valor o patrimonio natural e etnográfico, e valorizar a contorna mariña e de ribeira, empregando como fío conductor a zona de Daión (en Arcade) nun enclave onde se unen a terra, os ríos e o mar. As principais actividades deste proxecto céntranse nun roteiro circular pola zona dos muiños, a divulgación e coñecemento dos hábitats e da flora costeira amenazada, a divulgación ambiental do litoral de Soutomaior e o río Verdugo como un refuxio natural para especies en perigo, actuacións de voluntariado ambiental para a mellora de hábitats, limpezas de lixo no entorno das áreas de intervención, eliminación de especies autóctonas invasoras, paneias interpretativos da zona e unha xornada ecofeminista para visibilizar ás mulleres nas tradicións galegas desde o rural ata o mar. Neste caso, o prazo de execución é de 18 meses, e o orzamento fixouse en 29.769,58€, estando financiado polo FEMPA e a Consellería do Mar no mesmo porcentaxe que o proxecto anterior.
Finalmente, ‘Baiona Mare Ludis et Natura’, impulsado polo Concello de Baiona, concíbese como un proxecto integral de adquisición de equipamentos cos que dar un pulo á visibilidade dos deportes náuticos e ao mesmo tempo colaborar coa Confraría de Pescadores de Baiona en tarefas de carácter medioambiental ou de estudos mariños, así como a realización de roteiros de sensibilización medioambiental. Adquirirase unha embarcación multifuncional como apoio ós deportes náuticos e equipamento audiovisual.
Realizaranse as seguintes actividades ao amparo deste proxecto: Semana Azul (campaña de fomento de deportes náuticos entre escolares de Primaria), Travesía a nado ‘Vila de Baiona’, Triatlón Popular Semi Indoor, Regata de Gamelas, Curso de Pesca Deportiva Infantil, Torneo de Pesca Deportiva Infantil, e Campus Náuticos (para practicar surf, pádel, kaiak, windsurf, e vela lixeira). O orzamento desta proposta é de 31.411,60€ que serán cofinanciados na mesma porcentaxe e polos mesmos organismos públicos que nos dous casos anteriores.
Para máis información, pódese contactar co GALP na Avenida de Beiramar, 49, Vigo (Pontevedra), no correo galp.mar.riadevigoaguarda@xunta.gal ou telefonicamente nos números: 986 358 109 / 646 873 106.