Consonte ao disposto no acordo da Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra, adoptado na súa sesión ordinaria do día 12 de maio de 2023, concerninte ao reparto de axudas a confrarías de pescadores, federación de confrarías e agrupacións de mariscadoras da provincia de Pontevedra, para investimentos no exercicio 2023, informamos de que na referida resolución se lle outorgou á Confraría de Pescadores
“San Xosé” de Cangas, unha axuda de 15.440’62 €, para os conceptos “Instalacións de alarma contra incendios, sistema de videovixilancia e adquisicións varias”. Esta cantidade supón o 80% do investimento total efectuado.
Estas axudas solicitáronse ao abeiro das Bases para a concesión de subvencións ás confrarías de pescadoras e pescadores, á federación de confrarías e ás agrupacións de mariscadoras da provincia de Pontevedra, para investimentos durante o exercicio 2023 (B.O.P.PO. nº 29 do 10/02/2023), e inclúen melloras na comercialización e valorización das producións, material para a vixilancia das producións, investimentos para a mellora dos servizos prestados e gastos non incluídos noutros apartados. Xa que logo, entre as actuacións subvencionadas, áchanse: caixas plásticas reutilizables; fiestras en inox. para lancha vixilancia “Boeiro”; sistema de guiado e transporte para a máquina de lavado de caixas; sistema de detección e alarma de incendios en confraría e lonxa; protector para excesos de presión para a bomba de auga salgada; carcasa para aloxamento de impresora, especial para ambientes mariños; terminais de control de pegada dixital para o cadro de persoal da entidade; sistema de videovixilancia con gravador para a lonxa; barreira e equipos anticontaminación para o varadoiro do porto de Cangas.