- Nun comunicado rexeitan as «acusacións infundadas que buscan desacreditar » su participación no pleno do pasado venres pedindo solucións urxentes aos vertidos no litoral cangués e lembran o compromiso desta entidade coa «transparencia, a independencia e a honestidade»
- Anuncian que solicitarán unha xunta de portavoces para «facer un fronte común» e abordar o problema «deixando a un lado a demagoxia»
«Queremos deixar claro que non imos permitir que nos involucren nunha loita política. Reclamamos aos nosos políticos que deixen de perder o tempo e gustaríanos que se poñan a traballar na procura de solucións aos verdadeiros problemas». Este é o «aviso a navegantes» que lanza a Confraría de Pescadores San Xosé de Cangas tras as acusacións do goberno local a este colectivo pola súa participación no polémico pleno do pasado venres 22 ao que asistiron para reclamar «solucións urxentes» ás continuas verteduras que está a sufrir o litoral cangués.
Unha sesión que acabou co PP abandonando o salón de plenos afectado das continuas provocacións do tripartito e, especialmente, da súa alcaldesa, Araceli Gestido, e da tenente de alcaldesa, Iria Malvido, que desde entón realiza unha ‘tournée’ polas diferentes dependencias socialistas e administracións públicas, incluído o Concello de Cangas, acusando o edil popular José Luis Gestido de «agresión física e verbal» cando tratou de taparlle a cámara do móbil por gravar á oposición mentres se levantaba da súa bancada. Un vídeo, o de Malvido, que, mesmo antes de terminar o pleno, xa estaba subido ás redes sociais e corría polos grupos de WhatsApp da esquerda a modo de victimismo. Por certo, unha suposta «agresión» que aínda non foi denunciada no Xulgado.
Unha entidade «independiente»
Desde a Confraría rexeitan todas as «acusacións infundadas que buscan desacreditar a nosa participación na sesión do pleno con supostas motivacións políticas». Lembran ao goberno local cangués que esta entidade «non ten filiacións políticas, polo cal non imos consentir que se nos faga partícipes de polémicas estériles». «A Confraría de Pescadores de Cangas sempre actuou de maneira independente e obxectiva, centrada na defensa dos intereses dos seus pescadores e na promoción de prácticas pesqueiras sostibles», precisan.
E en defensa desta independencia aclaran que a súa participación no pleno «do mesmo xeito que noutras ocasións foi porque se ían a tratar temas relacionados co noso sector, con independiencia de quen as presentase». «As nosas reclamacións en relación coas verteduras non é un tema puntual nin illado, proba de disto son as reiteradas denuncias presentadas a longo dos anos a entidades como Augas de Galicia, Seprona, 112, Policía Local, empresa concesionaria do servizo e así como aos distintos membros da corporación municipal das últimas dúas décadas. Estas accións evidencian o noso compromiso continuo na loita contra os verteduras e na protección dos nosos recursos mariños, e cremos que non é necesario tirar de hemeroteca, informes, etc.., que o acrediten. Non obstante, se fose preciso non teríamos inconveniente en recordarlle aos distintos partidos políticos as denuncias feitas ata a data», manifestan no comunicado co que a Xunta Xeral da Confraría decideu «responder ás declaracións vertidas nos últimas días «por algúns políticos nos medios de comunicación».
Poñen o acento en que a Confraría de Pescadores de Cangas mantén «un compromiso constante coa transparencia e a honestidade en todas as súas accións». A nosa prioridade é a defensa dos intereses dos pescadores e a sustentabilidade das nosas actividades» e por iso «queremos deixar claro que a Confraría é dos socios e para os socios, con ideoloxías distintas, polo que é unha entidade totalmente plural».
Reunión coa xunta de portavoces do Concello
Así, desde a Confraría asegura que siguen «insistindo» en que «se deben tomar medidas de carácter urxente e para iso é necesario facer unha fronte común e deixar ao lado a demagoxia». En este sentido, anuncian que solicitará unha reunión coa xunta de portavoces do concello para abordar este asunto. «É necesario abordar o problema de xeito serio e valente, traballar para o pobo e polo pobo, e non ser cómplices deste atentado contra os nosos ecosistemas mariños», priorizan.
Para iso, din, «estamos dispostos a colaborar con todas as autoridades pertinentes na procura dunha solución. Non obstante, e como se dí no mundo do mar, é importante enviar un “aviso a navegantes”; non imos consentir a desacreditación da nosa entidade».