A conselleira, con membros da confraría e do Partido Popular de Cangas.

A Confraría de Pescadores “San Xosé” presentou con data 3 de xuño de 2024, ao abeiro das Bases para a concesión de subvencións ás confrarías de pescadores, federación provincial de confrarías e agrupacións de mariscadoras e mariscadores da provincia de Pontevedra, para investimentos e gastos correntes durante o exercicio 2024, cadansúa solicitude de axudas para os proxectos “Investimentos nas instalacións da lonxa de Cangas 2024” e “Gasto de persoal da confraría de Cangas 2024”. Este ano, con carácter extraordinario, preveuse unha liña adicional de axudas para gastos correntes, destinada a garantir a sustentabilidade das actividades pesqueira e marisqueira, afectadas polos sucesivos temporais deste inverno, que provocaron unha severa mortaldade de moluscos bivalvos por mor da baixa salinidade das augas nas rías.

Posteriormente, a Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra, na súa sesión ordinaria de data 2 de agosto de 2024, procedeu ao reparto de axudas a confrarías de pescadores, federación provincial de confrarías e agrupacións de mariscadoras e mariscadores da provincia de Pontevedra, para investimentos e gastos correntes durante o exercicio 2024. No devandito reparto, outorgáronselle axudas á confraría de Cangas, por 6.183’57 € para o caso dos investimentos (80% do importe solicitado) e 7.683’64 € para os gastos de persoal (30’63 % do solicitado).

Os obxectivos de ambos os proxectos referidos foron: sufragar os custos dunha báscula de pesada mariña para a embarcación de vixilancia “Navalleira”, distinto material informático para as instalacións de lonxa (SAI: sistema alimentación ininterrompida, impresora e cadro de protección e conmutación RACK), adquisición dun aparello de TV e un conxelador para a lonxa, no caso dos investimentos, e os gastos de salarios dun dos traballadores do cadro de persoal da confraría, para o proxecto de gastos de persoal.

Unha vez executados os investimentos e gastos previstos, acadáronse os obxectivos perseguidos inicialmente mediante a presentación do expediente de solicitude das axudas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *