O conselleiro do Mar nunha visita á lonxa para de Cangas coñecer o funcionamento da fábrica de xeo.

A Consellería do Mar concedeu unha axuda ao proxecto colectivo «Novo Centro de Estabulación para a Lonxa de Cangas 2024», presentado pola Confraría de Pescadores ‘San Xosé’ de Cangas, ao abeiro da Orde do 28 de decembro de 2023, pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2024, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos para a modernización e mellora dos equipamentos e das infraestruturas dos portos pesqueiros, dos lugares de desembarque, das lonxas e dos ancoradoiros, confinanciada polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Acuicultura (FEMPA) (código de procedemento PE209G).

O obxectivo deste proxecto, identificado co número de expediente PE209G- 2024-00032, é dotar á lonxa de Cangas dun novo centro de estabulación de crustáceos, cunha capacidade de estabulación e almacenamento o dobre do actual servizo do que se dispoñía na lonxa, co gallo de poder facer fronte ao incremento paulatino da oferta desta clase de invertebrados artóprodos mariños na lonxa de Cangas. A axuda concedida ascende a 45.421,40 €, financiada polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) nun 70%, e nun 30% pola Xunta de Galicia.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *