A Comisión organizadora das Festas de Loira xa lle puxo data á recuperación deste evento, que quedou paralizado nos últimos anos por mor da pandemia. Será o 27 de agosto, un día que xa marcamos no calendario do verán e que nos fará recuperar a ilusión por unhas festas que teñen gran seguemento e cuxo principal atractivo, os fogos de artificio, volverá encher de luz o ceo de Marín.
Está previsto que haxa animación musical, charangas, festa da espuma, toro mecánico e hinchables. E para todo iso, a Comisión comezará os labores de recadación coas publicidades e os patrocinios do comercio local, así como coa venda de rifas. Incluso, tal e como adiantan desde a asociación, prevese a organización dunha prefesta para o 13 de agosto.
Pola súa banda, o Concello colaborará cunha partida económica para axudar a sufragar os gastos de organización desta festa, que, de seguro, será un día memorable en Loira despois de varios anos de espera para retomar a súa celebración.