Será en dúas parcelas entre Camiño dos Sapos e a Rúa Pumariño. O Concello está a tramitar a licencia para esta actuación e xa deu luz verde á de demolición da edificación existente
O Concello de Marín informou esta mañá de que Álvarez y Ogando Promociones SL a licenza para poder actuar nunha parcela de 371 metros cadrados e outra de 635 metros cadrados, nas que se crearán 26 vivendas de nova construcción.
As parcelas sitúanse na Laxe, na Barriada da Cañota, entre as rúas Camiño dos Sapos e Pumariño. Nas plantas superiores, a edificación organízase en dous bloques diferenciados, cada un orientado cara a cada unha destas rúas, creando no medio delas un patio central o suficientemente grande como para garantir unha boa iluminación e ventilación natural, tal e como se pode ler na memoria do proxecto.



O bloque I terá a súa fachada principal ao Camiño dos Sapos e albergará 12 vivendas, mentres que no bloque II conta coa súa fachada principal cara á Rúa Pumariño e albergará 14 vivendas. Serán de 2, 3 e 4 habitacións, 1 ou 2 baños e nalgúns casos, terrazas.
Na actualidade, as parcelas contan cunha edificación que se demolerá, para o que a empresa solicitou a licenza correspondente, á que se lle deu luz verde onte na Xunta de Goberno Local. A alcaldesa, María Ramallo, asegurou que se trata “dunha moi boa nova”. “É imprescindible que haxa promocións privadas para a construción de nova vivenda, que sabemos que é unha gran demanda para o noso municipio”,
explicou.
Esta nova, ademais, súmase aos pasos que está a dar o Concello a nivel público para analizar as vías máis axeitadas para a dotación de chan de licenza directa no municipio que se poida derivar á Xunta de Galicia para promover a creación de vivendas de protección e que, á súa vez, permita abrir novas rúas, como é o caso do SUNC da Raña.