A vida e obra de Xela Arias, a escritora á que se lle homenaxeou nas Letras Galegas, poderán coñecerse máis a fondo na Biblioteca Municipal de Marín o próximo 6 de xuño. “Xela Arias, poeta nas marxes” é o título do documental de Beatriz Pereira que se programará para as 20.00 horas, coa colaboración da Xunta de Galicia e a Rede de Dinamización Lingüística.
A capacidade do aforo será limitada e haberá que facer unha reserva previa no email museo.torres@concellodemarin.es e no 986 891 186.