As concelleiras Marián Sanmartín e Itziar Álvarez acudiron onte pola tarde ao tradicional pincho de Nadal que organiza a Asociación Bolymar no local municipal da Cámara Agraria, no que se reúnen ao longo do ano para realizar a súa actividade. As edís quixeron felicitar ás mulleres que alí estaban estas festas e sobre todo poñer en valor a importante actividade que realizan, mantendo unha tradición que seguen en Marín máis de 30 socias. Ademais, aínda é posible visitar a espectacular mostra do seu traballo na exposición que teñen no Museo Torres, onde se pode ver aplicada a súa arte de palilleiras aos regalos de Nadal.