Recepción no Concello a dous deportistas de élite cunha tempada, espectacular. Trátase de Pablo Graña (Europeo sub 23 C-1 200 m; Mundial Absoluto, C-4, 500 mt e Europeo Absoluto C-1 200 metros) e David Barreiro (Ouro en Hungría no Campionato do Mundo sub 23 C-4, 500).
A rexidora, Victoria Portas, deulles os parabéns «por esas merecidas medallas, por todo o traballo e a constancia que hai detrás dos metais e por ser un referente para as novas xeracións de deportistas cangueses».