O Concello de Cangas remitiu a Portos de Galicia un novo escrito solicitando celeridade na desafectación ou declaración de innecesariedade dos terreos de dominio público portuario situados na Alameda Vella/Xardíns Félix Soage. Solicitude que a alcaldesa, Victoria Portas, remitiu acompañada do proxecto que o goberno local quere levar a cabo para remodelar os espazos que rodean a praza de abastos, favorecendo a súa integración urbanística no entorno e convertíndoa no centro neurálxico do comercio local cangués. Unha ambiciosa actuación, cifrada en más de 740.000 euros que precisa para arrancar da reversión dos terrenos mencionados.
No seu escrito a Portos a alcaldesa recorda as numerosas reunións mantidas coa presidenta do ente público para abordar o expediente de desafectación iniciado tralos acordos plenarios de xullo de 2015 e de marzo de 2018, que foron ratificados en marzo de 2022 instando a desafectación da parcela ocupada polo mercado de abastos. “Trasladamoslle a Susana Lenguas Gil, presidenta de Portos, a necesidade inminente de reorganizar o ámbito do Mercado de Abastos para conseguir a revitalización da propia praza e do comercio local marcando como corazón do entramado económico do noso municipio dito Mercado”, apunta Victoria Portas.
A lentitude da tramitación administrativa do expediente levou á alcaldesa a insistir na urxencia de acelerar a reversión do chan para proceder á reorganización do chan e, de xeito paralelo, insta a Portos de Galicia a “plantexar outras posibles vias para dar cabida a dita actuación dentro das fórmulas xurídicas legalmente establecidas”.
De feito, no escrito remitido ao ente autonómico o pasado mes de marzo, o Concello solicita a desafectación de todo o ámbito, unha parcela de 12.310 metros cadrados, pero tamén prantexa a posibilidade de que a reversión dos terreos se limite a unha parcela de 7.028 metros cadrados, nos que está emplazado o mercado de abastos.
Reforma do mercado de abastos
Victoria Portas traslada tamén á presidenta de Portos as consecuencias que ten para Cangas a “lentitude burocrática”, á que apunta como responsable de varios proxectos que frean o avance de Cangas. Por elo a rexidora, que paralelamente ao expediente de desafectación avanzou no proxecto de reforma no mercado de abastos, trasladoulle a Portos de Galicia as liñas básicas da actuación nese ámbito. E é que o proxecto de cidade que Victoria Portas e o equipo de goberno teñen para Cangas pasa por fortalecer o tecido comercial da vila como un eixo económico vertebrado directamente co mercado de abastos.
Para este entorno a alcaldesa ten listos dous proxectos, o que afecta a Portos con dúas lineas de actuación que diferencian o espazo situado frente aos xardíns Félix Soage e Alameda Vella e a zona do Paseo Castelao e a Avenida 25 de xullo. No primeiro ámbito o proxecto contempla xerar unha praza frente á fachada do Mercado que elimine os obstáculos actuais e facilite o acceso; a reordenación do aparcamento gratuito con acceso frente á ampliación do mercado dándolle saída cara a Avenida 25 de Xullo. Esta modificación do entorno permite que o espazo exterior utilizado polo mercado non teña que ser desocupado cada día que se celebre.
O aparcamento gratuito exterior dótase de dúas prazas de aparcamento
adaptadas e habilitase a posibilidade de aparcar durante os días de mercado, xa que non interfiren os espazos de ambos ámbitos. O proxecto contempla tamén que o contacto da Praza co borde dos xardíns Félix Soage e a Alameda Vella, fronte á fachada do Mercado, que dote dun fondo que abrigue a praza e a diferencie do espazo urbano da Alameda a través dunha pérgola escultórica que permita o paso a través dela.
Polo que respecta ao espazo entre o Paseo de Castelao e a Avenida 25 de Xullo a
actuación recolle un retranqueo da illa vexetal existente, gañando espazo para unha zona adoquinada de carga e descarga que de servizo ao mercado de abastos.
“Son moitos os proxectos que se acumulan e que de executarse visibilizarían unha transformación total de Cangas e que están paralizados pola lentitude da administración para resolver expedientes. O Plan de Vivenda Social, os terreos das naves de Ojea, o Paseo de Rodeira , este proxecto para o mercado de abastos son so algúns exemplos de como a burocracia ten paradas actuacións importantes para cidadanía de Cangas”, apunta Victoria Portas.