Unha edición da Feira na Alameda de Marín.

Hoxe celébrase o Día Mundial de Tecer en Público, unha conmemoración que terá visibilidade na vila a través da Asociación de Tejedoras Laneras Cascabeleras, que convoca a unha xornada de tecer en común o sábado 17 de 16.30 a 21.00 horas na Alameda Rosalía de Castro.

Na última edición que se levou a cabo, acudiron máis de 70 persoas desde distintas partes para realizar unha actividade común, utilizando difernetes técnicas como o ganchillo ou a calceta.

Feira de libros usados

Por outra banda, este sábado a nosa Alameda tamén acollerá a celebración da IX Feira do Libro Usado de Marín, organizada polo CEIP de Ardán e o CEIP de Seixo e que non se puido celebrar nos pasados anos por mor da pandemia, pero que volve con todas as ganas e toda a forza. Ademais dos centros educativos que tradicionalmente participan na feita, este ano tamén se incluirá ás escolas infantís.

O horario será de 10.30 a 13.00 horas, tendo unha actuación de títeres a partir das 12.30 a cargo da compañía Tarabelos.

Os libros que se poñen a disposición na feira son doazóns feitas polo alumnado e as familias. Por cada exemplar que se dona, entrégaselles un vale que poderán utilizar na feira.

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí