Presentación da carreira na Alameda de Marín.

A Carreira +10 Manuel Rosales terá lugar mañá venres 29 de xullo. Unha nova oportunidade de unir práctica e historia deportiva.

A proba absoluta desputarase ás 22.00 horas e terá saída desde a Avenida de Ourense e chegada á Alameda Rosalía de Castro. O percorrido terá unha distancia de 10 quilómetros totalmente planos, sen desniveis e homologado pola Real Federación Española de Atletismo.

As categorías escolares comezarán ás 20.40 horas, coa categoría de Biberóns (1-2 anos). Esta categoría, así como a de pitufos, prebenxamín, benxamín e alevín non serán competitivas. No resto, haberá premios para os tres primeiros de cada categoría.

Se se precisa máis información, pode solicitarse chamando ao 986843562 ou no correo electrónico milerunningclub@gmail.com

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí