Os moteiros máis solidarios volverán visitar Marín este Nadal para recoller
alimentos en pro dos máis desfavorecidos. O concelleiro Manuel Santos e a
asociación de Moteiros Solidarios de Galicia presentaron esta mañá a
Papanoelada moteira, que terá lugar o sáado 18 de decembro (sábado) a partir
das 17.00 horas.
Está previsto que a saída sexa da porta da Escola Naval, onde se instalará unha
furgoneta para que cada motero poida depositar alí os alimentos non
perecedoiros que queiran donar.
Desde a saída na ENM, os moteiros percorrerán o vial de Praias, Seixo, Santomé, o Lavadoiro de Troncosa, O Campo, a Rotonda da Torre, a Baixada de Mirón,
Ezequiel Massoni, Jaime Janer, Concepción Arenal, Raimundo Vázquez,
Lameiriña, Banco Bilbao e, finalmente, parada na Alameda Rosalía de Castro.