Unha imaxe do Engado Marín.

O Concello fai un moi bo balance das festas navideñas, que contaron con afluencias moi importantes aos principais atractivos, como o tren de Nadal e as carpas, pero sempre cumprindo coa seguridade e as medidas correspondentes

O Nadal en Marín este ano foi máis especial ca nunca, xa que serviu para
recuperar algo da ilusión perdida no últimos anos, aínda que a pandemia aínda
siga viva e teñamos que manter en todo momento as medidas sanitarias. Desde o Concello, deseñouse unha programación “coa que poder ofrecer actividades adaptadas á situación, sen olvidar a necesidade que temos tamén de dinamizar a vila nunhas datas tan relevantes coma estas”, indicaron fontes do Goberno local.

Segundo os cálculos recollidos ao longo de todas as festas, polo Tren de Nadal pasaron aproximadamente 15.000 persoas, cunha media cercana ás 500 personas ao día durante o mes que estivo funcionando. Cada xornada, o tren facía 14 viaxes cun aforo máximo de 50 viaxeiros.

Pola súa banda, de novo, as carpas Engado Marín foron un tremendo éxito, tanto a do Parque Eguren, pensada para a mocidade a partir de 11 anos, como a da Alameda, na que os máis pequenos da casa pasáronno estupendamente da man dos monitores e monitoras.

Ambas estiveron 22 días abertas e na dos maiores se calcula que houbo unha afluencia de 6.600 personas, mentras que na da Alameda, foi cercana aos 8.800 nenos e nenas. Neste último caso, repartiuse o aforo en quendas día a día, para que pudiera haber un control do tempo de xogo e do número de persoas dentro da carpa en todo momento.

Unha decoración chea de luz e con materiais naturais

Outro gran atractivo destas festas é a decoración, que este ano non deixou indiferente a niguén. Algunhas novidades, coma o paraugas de luz da Praza de España, ou as tiras de bombiñas LED que se colocaron nas árbores da Alameda foron moi valoradas por parte da veciñanza.

Pero ademais das luces, colocáronse estacións decorativas en distintos puntos do centro urbano, para as que se utilizaron “materiais naturais, sobre todo madeira e outros elementos, para insistir na sostibilidade e a calidade do natural fronte ao artificial”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *