Carlos Abilleira, Elena Vitoria e a concelleira Cristina Acuña no Espazo Alimentario.

Entre o 24 eo 28 de xaneiro, o espazo acollerá unha formación con clases prácticas e mentoría sobre coctelería de mar, impartido por Carlos Abilleira e Elena Victoria

Innovar, formarse e procurar novas formas de sorprender aos consumidores son
as tendencias que marcan o futuro da hostalaría de cara a este ano Por iso, o
Espazo Emprendedor de Innovación Alimentaria, ubicado no Parque Azul,
revélase como un espazo estratéxico, no que levar a cabo accións que axuden aos
nosos hostaleiros e hostaleiras a desenvolver novas técnicas e descubrir como
ofrecer productos novidosos e atractivos.

Ese é o obxectivo do curso “Coctelería do mar”, que foi presentado esta mañá pola concelleira de Comercio e Turismo, Cristiña Acuña, o presidente de AJE Pontevedra (encargados da xestión do espazo), Jesús Rey, e Marián Barreal,, tamén de AJE.

A formación estará destinada de xeito concreto a este sector, o da hostalaría, e contará con 12 prazas dispoñibles para o seu desenvolvemento en modalidade presencial, entre o 24 e o 28 de xaneiro, de 09.30 a 13.30 horas.

O alumnado participante nesta acción formativa, aprenderá como se fan cócteis
innovadores, en cuxa elaboración estarán presentes os mariscos do entorno.

Tal e como explica a concelleira, con esta acción “os hostaleiros da vila poderán aprender outro xeito de utilizar esta materia prima tan boa que temos na nosa ría” e traballarán para posicionar o sector como puntal estratéxico na promoción turística de Marín.

Tres xornadas prácticas, unha de mentoría e outra de evento
A formación contará con tres xornadas prácticas, unha de mentoría e outra de
evento.

O formador en coctelería será Carlos Abilleira, Campeón Galego de Flair (coctelería acrobática) e campión Galego de Gin Tónic, formador e cocteleíro dende fai 10 anos. A mentoría corre a cargo de Elena Vitoria, consultora e directora de proxectos de gastronomía e restauración.

Nas tres primeiras xornadas do curso, os alumnos aprenderán a facer diversos cócteis, na elaboración atoparemos productos do mar. Se ensinarán as chaves e recursos, e se guiará para que fagan o diseño dun cóctel propio.

A cuarta xornada consitirá nunha mentorización para aconsellar o alumnado como sacar o máximo aproveitamento os coñecementos adquiridos.

Na ultima xornada celebrarase un evento a modo de práctica, con asistentes convidados e a porta pechada, co obxetivo de que adquiran as ferramentas, cara a defender os seus cócteles con xente, e tamén practicar o seu cóctel propio.

Para inscribirse, hai que escribir un mail a marin@ajepontevedra.com ou chamar
ao teléfono 637 76 20 82.

“Coctelería do mar” encádrase dentro das actividades programadas nos Convenio de colaboración entre o IGAPE e AJE Galicia (Fegaxe) para a realización de actividades de apoio ao emprendemento.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *