A executiva do PSdeG de Moaña que dirixe Mario Rodríguez arremete duramente contra o PP e o BNG por non votar a favor da Reforma Laboral do Goberno de Pedro Sánchez. «O noso máis completo sentido de satisfacción», indica Rodríguez, porque isto puidese chegar a bo termo a pesar da actitude do PP e do BNG porque «supón unha mellora substancias ao dereito dos traballadores». «Non entendemos como aquelas forzas que se definen como progresistas puideron votar non a unha normal que mellora substancialmente os dereitos dos traballadores», opina sobre os nacionalistas.
En canto á incidencia que terá sobre os veciños de Moaña, explica que «para os mozos do noso Concello, o colectivo máis afectado pola precariedade laboral, supoñerá a contratación indefinida». Lembra o secretario xeral dos socialistas moañeses que durante xaneiro deste ano asináronse 293.000 contratos indefinidos, «moitos destes corresponden a mozos no noso municipios». Ademais, insiste, tamén supón «a recuperación da ultraactividad en moitos convenios colectivos porque moitos traballadores de Moaña por conta allea manterán o seu contrato».
«Sentimos orgullosos de vivir a nosa xeración este feito. Isto beneficiará a todos os trabadores e traballadoras do noso concello e a todas as empresas. Hai que seguir avanzando pero non atopamos xustificación para aqueles que votaron en contra», conclúe Mario Rodríguez.