Feijóo e o delegado do Goberno en Galicia onte na sede da Autoridade Portuaria de Marín.

A Xunta de Galicia pediu ao goberno de Canadá que, tras o cesamento da procura dos 12 mariñeiros desaparecidos no naufraxio do Villa de Pitanxo, retome a procura. «Por razóns humanitarias», reclamou o presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo. O mesmo piden as familias, pero o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, descarta esta opción e explica que xa se fixeron xestións para que se mantivese activa durante 36 horas, 13 horas máis do que establece o protocolo das autoridades canadenses. Si asegurou Miñones que agora o Ejecutivo central centrará os seus esforzos nos labores de repatriación dos sobreviventes e dos falecidos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *