O CEIP Plurilingüe Domaio celebrou hoxe o Entroido facendo un “pasacalles” dende o colexio ata o paseo marítimo do pobo ó ritmo da música que máis lles gusta. Alí, foron recibidos por moitas das familias que quixeron ver como festexában o Entroido. Despois de desfilar para ensinar os disfraces, bailaron unhas pezas e remataron merendando doces típicos destas datas: filloas e orellas.
Para o cole de Domaio é moi importante para «agradecer ás familias a colaboración na confección de disfraces, pero sobre todo, recoñecer a desinteresada colaboración que tivemos para levar a cabo esta celebración por parte de diferentes organismos e persoas: da ANPA “O Picoto”, da panadería “Forno Domaio”, do club de xubilados de Domaio, de Carlos Lemos, do Concello de Moaña e de Protección Civil de Moaña».