Adicam inaugurou hoxe ás 19:30 horas na súa sede da Casa da Bola a exposición de artesanía «Un mundo de estrelas», a través do proxecto Acuistar no que participa xunto ás asociacións Alento e Aspanaex. Trátase dunha iniciativa promovida pola Agrupación industrial de Acuicultura que conta coa participación de Fundación Biodiversidade, do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico. Desenvólvese a través do Programa Pleamar, cofinanciado polo FEMP. A exposición permanecerá aberta ata o 17 de marzo.