Tribunal Supremo ha indamitido a trámite el recurso interpuesto por la Plataforma en Defensa Plaza dos Placeres contra la sentencia del TSXG de 2020 que da por válido en toda su integridad el informe pericial encargado por el alto tribunal gallego y, por lo tanto, valida la legalidad de los rellenos del puerto de Marín.
Esta inadmisión se justifica por la falta de fundamentación suficiente y la carencia de interés casacional objetivo para la formación de jurisprudencia. La resolución es firme.
Na sentenza do TSXG, emitida en febreiro de 2020, o tribunal concluía que non
existía ningunha obra no Porto de Marín que debera ser retirada en función dos
pronunciamentos recollidos no procedemento xudicial.
O tribunal galego argumenta que o plan especial do Porto foi anulado no seu día
exclusivamente pola falta de declaración de impacto ambiental e, polo tanto, á
hora de xulgar as obras realizadas, hai que excluir as que se realizaron ao amparo doutros plans e as que se realizaron ao amparo dese plan pero coa súa correspondente avaliación ambiental.
Precisamente, eso é o que confirmou o informe do perito xudicial no seu informe, defendido pola Autoridade Portuaria, o Concello de Marín e o tecido empresarial; no que se recollen que todas as obras executadas estiveron correctamente definidas en base aos seus respectivos proxectos e que para a súa valoración analizouse a tramitación ambiental de cada unha das actuacións.
Esta nova sentencia, da que a alcaldesa de MArín, María Ramallo, deu conta no Pleno da Corporación celebrado esta tarde, supón unha boa nova para o Porto de Marín, o verdadeiro chan industrial e empresarial da vila, que ve validados os seus argumentos despois dun longo proceso xudicial.
“Con esta senteza firme, contra a que non cabe recursos, conseguimos seguridade xurídica para o recinto portuario e para toda a actividade económica que se desenvolve nel. Iso é fundamental para o futuro de Marín e do seu gran pulmón empresarial”, explicou a rexedora.