Os dous tripulantes, con síntomas de hipotermia, foron trasladados ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

Un dos tripulantes foi quen, ao fío das 6:00 horas desta mañá, chamou ao 112 Galicia para pedir axuda. Indicaba que eran dúas as persoas que se atopaban na auga, posto que, a embarcación na que navegaban sufrira unha vía de auga e estaba afundíndose, entre Cabo Udra e Bueu.

Con estes datos, desde o 112 Galicia informouse da situación a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Garda Costas de Galicia, que mobilizaron decontado un helicóptero e unha embarcación para socorrer aos tripulantes. Igualmente, deuse conta dos feitos ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos axentes da Garda Civil e da Policía Local.

Finalmente, o persoal de Salvamento confirmou o rescate dos dous tripulantes e o seu traslado ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *