A moto saliu despedida 100 metros e a victima uns 50.

Un home de mediana idade e veciño de Vigo resultou ferido de gravidade tras chocar a moto que conducía frontalmente contra un coche que circulaba en dirección contraria e conducido por unha muller duns 40 anos. Ocorreu ás 10:28 horas na PO-551, na recta de A Borna, en Moaña, e ata o lugar trasladouse a Policía Local, Garda Civil e ambulancia do 061 que trasladou á vítima ata o hospital.

Segundo fontes da Policía Local de Moaña, que foron os primeiros en chegar, e a falta de que a Garda Civil realice o atestado, o vehículo puido ocupar parte do carril contrario polo que ía a moto en dirección contraria ao tratar de esquivar a unha bicicleta e foi nese momento cando se produciu o golpe.

Os queixumes do home por mor da dor polo impacto escoitábanse a varios metros á redonda, provocando gran sobresalto na veciñanza próxima á praia.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *