O Concello de Marín leva estes últimos anos facendo un intenso traballo para reordenar o espazo público, mellorando os tráficos e a mobilidade e nese contexto a ordenación do estacionamento é fundamental.
Ademais de sacar adiante a Zona 2H, que ampliará a actual listaxe de rúas que están identificadas con ese límite horario gratuito de estacionamento, o Concello conseguiu habilitar 12 aparcadoiros públicos gratuitos en todo o casco urbano. Agora, vense de cerrar un novo acordo na Rúa Quevedo para habilitar unha parcela que terá capacidade para 50 prazas de estacionamento. Xa se iniciaron os traballos de acondicionamento da mesma para poder habilitalo canto antes e poñelo a disposición da veciñanza.
Desta maneira, sumando o novo aparcadoiro de Quevedo, xa son 705 prazas de nova creación que habilitou o Concello nestes últimos anos sumando todos os aparcadoiros públicos gratuítos: Praza do Regueiro (60 prazas), Sagrada Familia (25 prazas), Concepción Arenal (100 prazas), Ponte Zapal (50 prazas), Virxe do Carme (40 prazas), Inferniño (60 prazas), República Arxentina (70 prazas), Jaime Janer (50 prazas), Pavillón da Raña (100 prazas), Carballal (50 prazas), Otero Ulloa 1 (25 prazas), Otero Ulloa 2 (50 prazas).