A alcaldesa, María Ramallo, e os concelleiros Manuel Santos, Manuel Domingos e Marián Sanmartín presentaron esta mañá o evento, que se celebrará do 1 ao 3 de xullo, xunto cos organizadores
O verán non chega de todo a Marín até que se celebra a tradicional Concentración Moteira, que este ano celebra a súa decimoquinta edición do 1 ao 3 de xullo. A alcaldesa, María Ramallo, e os concelleiros Manuel Santos, Manuel Domingos e Marián Sanmartín presentaron o evento, que estará cheo de citas imperdibles e sorpresas.
O venres, a partir das 18.00 horas, abrirán as inscricións e ás 23.00 horas, haberá concerto de Chroma e do Dj Rubén Díaz. Xa o sábado ás 18.00 horas iniciarase a ruta mototurística polo municipio, cun pincho na carpa e ás 20.30 horas, exhibición de stunt a cargo de Jaque e Nhnpina Stunt Team. As acrobacias tamén seguirán con outro espectáculo máis, antes de que ás 00.00 horas arranque a ruta nocturna con antorchas. Ás 01.30 será a entrega de trofeos e de regalos, para despois iniciar unha festa nocturna tamén amenizada polo Dj Rubén Díaz.
Ao día seguinte, ás 11.00 horas será o turno da xove promesa do motociclismo galego Yael#7 e o evento rematará ás 13.00 horas cunha sesión vermut.