Atracciones instaladas na comarca do Morrazo.

O Concello de Marín ven realizando no último mes diversas reunións co colectivo de instaladores de atraccións de feira, despois de que se tivese que organizar unha nova ubicación (a Praza de España) durante as Festas do Carme, para garantir a boa loxística tanto do aparcadoiro público como dos concertos que se van realizar nos próximos días.

Co obxectivo de poder darlles cabida a todos, o Concello realizou importantes esforzos retirando módulos, xardineiras, mobiliario público, o skate park ou o campo de petanca. Para poder acordar cos donos das atraccións a distribución do novo espazo, elaborouse un plano previo á súa instalación, que foi aprobado por todos.

De feito, virán máis atraccións das que se teñen instalado outros anos durante as nosas festas. Así a todo, no que o Concello será inflexible, tal e como trasladaron fontes do Goberno local, no que respecta á inspección que terán que pasar todas e cada unha das atraccións antes de poñerse en funcionamento, un labor que levará a cabo unha empresa especializada esta tarde e mañá.

Esta inspección terá en conta tanto a parte técnica como o cumprimento de ocupación de vía pública dos metros acordados e o pago correspondente. Por outra banda, desde o Concello lembran que se lles habilita para a instalación dos seus remolques e caravanas a canteira da Laxe, limpando e desbrozando a parcela, ademais de acondicionar o saneamento e a auga.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *