Un veciño de Moaña foi identificado o pasado luns pola tarde despois de que a Policía Local atopase ao seu can deambulando solto pola contorna dos colexios de Seara e Reibón. Ademais, abríuselle un expediente administrativo xa que o animal non era a primeira vez que se escapaba.
O can era «moi grande», segundo describían varias chamadas que alertaron aos axentes da súa presenza en distintos lugares, polo que unha patrulla estivo durante unha hora percorrendo as inmediacións dos centros ata que o atopou ás portas do Ceip Seara.