A ruta está organizada pola asociación Botón de Ancla e cada pincho terá un custe de 2 euros. Poderán tomarse de 12.00 a 15.00 e de 19.00 a 22.30 horas
A concelleira de Cultura, Beatriz Rodríguez, acompañou á asociación Botón de Ancla e a varios representantes dos locais participantes na presentación da III Ruta “Marín, Pincho a Pincho”, que se desenvolverá os próximos 2, 3 e 4 de xuño.
Nesta terceira edición, participarán 18 establecementos de Marín e de Seixo, que son: Mask, Thalavo, Xaínza, Tutto Bene, Bianco, Qüenco de Aguete, Matine, Xeitosa, Royalty, Kore 2, Naval, Aroma, Cortijo, Halley, A Mouta, Knobbe-Polymnia, El rincón de Niky e Angostura.
Os pinchos poderán degustarse os tres días do evento, de 12.00 a 15.00 e de 19.00 a 22.00 horas, a prezo de 2 euros a unidade. Serán avaliados por un xurado do CIFP Carlos Oroza Ana Area, Noa Seijo e Anxo Soto. Haberá tres premios e varios sorteos entre os clientes!
Ademais, tamén teremos música. O día 3 e 4 pola mañá actuará o Grupo de Gaitas de Carballido e o día 4 pola tarde serán as actuacións de Cantareir@s de Marín, Toni Gaiteiro Moderno e Luis Moreta.