A Casa da Xuventude de Cangas acolleu hoxe unha reunión entre o Concelleiro de Voluntariado, Noel Malvido, e representantes da Comunidade de Montes de Coiro para tratar o programa organizado por esta entidade e na que colabora o Concello de Cangas a través da Oficina Municipal de Voluntariado dende o ano 2017.
Os antecedentes deste proxecto xorden no ano 2016, ante intensa subida da temperatura do solo, sufrido a causa das continuadas olas de calor que azoutaron o sur de Pontevedra. Os incendios asolaron a provincia e fixeron perigar moitas masas arbóreas, e víronse inmersos nun grave problema ambiental e social. Feitas as pertinentes investigacións sobre os inicios dos incendios, descubriuse que tralos elementos ambientais que propiciaban a propagación do lume, en moitas ocasións estaba unha mal intencionada man que os iniciaba.
Entendendo, que en moitos casos non era accidental o comezo dos incendios, tomouse a iniciativa de crear unha serie de grupos ou patrullas veciñais que pasearan polos montes controlando os diferentes cuadrantes.
A súa función é disuasoria e de vixilancia. Varios grupos independentes saen a recorrer os roteiros e camiños en diferentes horarios e sen rutas preestablecidas. Sendo estes grupos moi activos e cubrindo tódalas franxas horarias e todas as zonas comunais.
Controlar o estado do monte
Como obxectivo secundario, tamén controlan o estado do monte e avisan as autoridades pertinentes ante vertidos ilegais, situacións sospeitosas ou outras irregularidades.
Importante destacar que é un proxecto interxeracional, onde persoas séniors, as mellores coñecedoras dos montes de Coiro, son acompañadas por xoves veciños/as que queren coidar os montes para as xeracións vindeiras. Actualmente arredor de 25 son as persoas que conformarán os grupos de vixianza e que se repartirán en quendas durante os meses de xuño, xullo e agosto, previsiblemente, ata finais de setembro.
A Comunidade de Montes fai un chamamento a aquelas persoas que teñan inquedanzas ambientais, preocupación pola entorna e ganas de aprender a unirse a este programa, ou se ven algunha irregularidade que queiran comunicar, poden facelo a través da Oficina Municipal d eVoluntariado: 986392171- voluntariado@cangas.gal,