Unha furgoneta quedou encaixada esta tarde nunha rúa de Moaña tras seguir as indicacións do GPS para chegar ao centro do municipio. Segundo testemuñas, os seus ocupantes, dous home e unha muller alemáns, pretendían chegar ata a contorna da Praza de Abastos guiados polo navegador, que os dirixiu por un dos ramais sen saída do Camiño do Latón, cunha importante pendente e estreito para vehículos do tamaño do que levaban.
O condutor tentou subir polo viario pero ao ser moi pronunciado as rodas comezaron a patinar á vez que o remolque virouse á dereita e quedou encaixado nun poste situado xunto á parede dunha vivenda.
Os veciños trataron de axudarlles primeiro virando a peso o remolque, despois cun carretilla, pero finalmente non quedou máis remedio que chamar á Policía Local para que buscase unha alternativa. Os axentes pediron aos obreiros dunha vivenda próxima que o tentase coa carroceta coa que carrexan os materiais. Afortunadamente esta foi a solución tras máis de tres horas atrapados.
Os tres novos eran artesáns que participaban nos postos do Festival Intercéltico do Morrazo (FIM).
Tres horas