Concelleiros e concelleiras do goberno local cos colectivos de Meira na presentación das festas.

Este martes 15 de agosto terá lugar na Carballeira de Bronlle (Meira) a Festa Popular cunha
programación de eventos que abarca todo o día, incluíndo xantar popular. A festa organízase por iniciativa do Concello de Moaña, que puxo de acordo ás entidades sociais da parroquia de Meira en 2017 para recuperar o histórico Festival de Bronlle que xuntou a miles de persoas desde o ano 1976 ata mediados da década dos 90.

Coa recuperación da Festa Popular en 2017 volveu encherse a carballeira de Bronlle co son da nosa música tradicional propiciando o encontro da veciñanza, que acode coa súa comida para o xantar, no que ven a considerarse o corazón da parroquia de Meira, unha fermosa carballeira próxima á igrexa de Santa Baia de Meira que supón un anfiteatro natural para a programación das actuacións da tarde, entre as que este ano destaca ás 19.30h o grupo Folk CALDO, un trio do Val Miñor que ven de actuar con éxito nos festivais de Pardiñas e Zas.

No programa involucráronse colectivos da parroquia de Meira tan diversos como a Comunidade de Montes, a Agrupación Folclórica Meiramar-Axóuxeres, o Club de Atletismo Samertolameu, A agrupación de Cáritas de Meira, O Club Bicivoladores, A Asociación Veciñal Novameira, a asociación ZUMBA-kids ou a Comisión de Festas de Samertolameu que se encargan de coordinar as diferentes actividades.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *