Unha representación da Festa Corsaria na xornada de presentación.

A festa celebrarase a próxima fin de semanas e supón unha inversión de 75.000 euros

A organización festiva da vila, tal e como de recollía nunha nota remitida onte aos medios de comunicación, é unha aposta pola dinamización e o crecemento económico da nosa vila. Investir nun calendario festivo sólido e cunha ampla programación é fundamental. Fóra do mes de xullo, desde xa hai once anos temos en Marín unha data esencial que as persoas gardan ano a ano: a Festa Corsaria, que se celebrará o próximo 19 de agosto.

A inversión total que se realiza nesta festa, coa cofinanciación dunha subvención da Deputación de Pontevedra, é de 75.000 euros, unha cifra “moi contida” para todo o que se programa e organiza nos dous días nos que se celebra a xesta de Juan Gago de Mendoza.

Máis de 60 mesas e días de máxima facturación para a hostalaría

Nesta edición, a festa conságrase como unha data que segue crecendo e na que cada vez hai máis implicación por parte da cidadanía e do tecido comercial e hosteleiro local. De feito, para a hostalaría é unha das fins de semana de maior facturación. Ademais, moitas asociacións e colectivos sociais de Marín colaboran na festa.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *