A Asociación de Diagnosticad@s de Cancro de Mama, Adicam, anunca que o mes de outubro ven cargado de eventos e actividades para o goce de toda a familia nos diferentes centros que rexenta: Pontevedra, Vigo e O Morrazo.
Aínda que xa houbo actividades en setembro, outubro será o mes máis forte. Este ano as xornadas científicas, xa na súa vixésima terceira edición, desenvolveranse no salón de plenos do concello de Cangas o venres 6 de outubro e sábado 7 de outubro; onde se entregará o premio Adicam. Durante as xornadas trataranse temáticas como o impacto psicolóxico do cancro de mama, as urxencias oncolóxicas e con relatores internacionais como o profesor Dr. Fernando Schmitt.
Contarán tamén con “Codia e miolo para o Adicam con nenos» do día 16 de outubro e, un ano máis, levarán a cabo a Gran Marcha Solidaria Fina Acuña que este ano se desenvolverá o domingo 22.
«O mes de outubro é un mes de gran actividade para a nosa asociación, é un gran esforzo pero tamén unha gran satisfacción pola gran visibilidade que todos estes eventos dirixidos a toda a poboación dá á loita contra o cancro e a concienciación sobre unha enfermidade que cada vez presenta unha maior incidencia pero a supervivencia tamén vai en aumento», declaran desde Adicam lanzando unha mensaxe de esperanza: «A detección precoz, os adiantos nos tratamentos e a investigación dános moita esperanza en que esta enfermidade chegue a ser unha enfermidade crónica».