Esta fin de semana unha representación da veciñanza de Gandón celebraron a inauguración da rehabilitación da fonte e do lago de Rebordelo situado no barrio de Gandón. Esta obra foi posible grazas a colaboración de todos os membros do colectivo veciñal que con fondos propios volveron darlle vida a este entorno que estaba xa en mal estado dende hai anos. Tamén se recuperou o antigo lago no que tempos atrás era utilizado de lavadoiro polos veciños e veciñas.
A directiva da asociación leu un pequeno poema sobre a importancia da auga como “ben natural” que debemos coidar despois do merecido agradecemento aos veciños/as pola súa participación. A continuación puideron degustar dun pequeno aperitivo e por suposto da auga de dita fonte, que aínda que nestes meses non é abundante nunca deixou de dar servizo á veciñanza.