Unha muller resultou con feridas de consideración e tivo que ser trasladada en ambulancia ao hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo tras caerse da moto na que circulaba coa súa parella, que aínda que inicialmente non foi evacuado por Emerxencias finalmente necesitou atención para ser derivado despois ao centro hospitalario.
O accidente ocorreu minutos antes das 21:00 horas na PO-551, na parroquia de Domaio, á altura da Cerradiña. Os feridos, ambos os mozos, ían en dirección Vigo.
Ata o lugar trasladouse a Policía Local, Garda Civil e Protección Civil de Moaña.