Pleno de Cangas de este viernes.Pleno de Cangas de del mes de mayo.

Cualifican de irresponsábel que o tripartito filtre datos á prensa mentres a Xunta e a comunidade educativa confirman non ter notificación oficial nin informe técnico algún sobre a calidade da auga

O Partido Popular de Cangas denuncia a «absoluta falla de lealdade institucional, a opacidade e a irresponsabilidade» coa que o BNG e os seus socios de goberno están a xestionar o asunto da calidade da auga nos centros educativos do concello. Despois de que o executivo local filtrase á prensa supostos problemas de potabilidade nos centros escolares, os datos oficiais da administración autonómica destaparon que o Concello actuou ás agachadas e sen comunicación previa.

Desde o Partido Popular fanse eco da postura oficial da Dirección Territorial de Educación en Pontevedra, que desmonta o relato de propaganda do concelleiro Antón Iglesias (BNG). O departamento autonómico confirmou non ter ningún coñecemento das analíticas realizadas polo Concello nin ter recibido notificación algunha, nin verbal nin escrita, por parte do servizo municipal de
augas.

Ante este escenario, desde o PP denuncian que «é duns límites inaceptábeis que o goberno local xere alarma social entre as familias a través dos medios de comunicación mentres nin sequera ten a decencia de dirixirse por escrito ás
direccións dos colexios nin á Consellería de Sanidade para remitir os informes analíticos dispoñíbeis».

Requerimento oficial e mostraxe sen rigor

Como consecuencia desta falla de transparencia, o Departamento Territorial daConsellería de Educación fixo un requirimento oficial ao Concello de Cangas acolléndose á Lei 9/2010 de Augas de Galicia e ao Real Decreto 3/2023, exixíndolle á alcaldesa a entrega inmediata de todos os informes e analíticas dispoñíbeis sobre a auga de consumo humano nestes centros. O PP lembra que o subministro da auga potábel é unha competencia exclusiva e puramente municipal. Ademais, os populares cren que o BNG intenta botar balóns fóra e obvian que as mostras foron recollidas o 29 de xuño, cos colexios pechados e a auga estancada nos grifos, mentres a propia concesionaria (UTE Gestión Cangas) confirmou que a auga da rede xeral exterior presentaba parámetros perfectamente correctos.

Máis de 3 M€ de investimento

Fronte ao «postureo e á procura de culpábeis» do tripartito, o Partido Popular puxo sobre a mesa os datos de investimento real da Consellería de Educación no municipio, que suman máis de 3 millóns de euros en melloras educativas. Esta contía inclúe os máis de 2.038.000 euros destinados ao CEIP Nazaret para obras tan relevantes como a ampliación do centro (1,6 M€) e a reforma da fontanaría do ximnasio; os máis de 380.000 euros no CEIP Espiñeira-Aldán para a reforma integral da fontanaría (30.599 €) e dos aseos de infantil (48.052 €); e os máis de 651.000 euros investidos na mellora de instalacións e cubertas noutros centros do municipio.

«O BNG leva anos pagando facturas de auga embotellada sen controlar os gastos e agora pretende lavar a súa cara atacando á Xunta. Esiximos á alcaldesa que entregue os informes analíticos á Consellería e que, antes de setembro, os técnicos competentes e Sanidade fagan probas con rigor e cos colexios a pleno rendemento para tranquilidade de toda a comunidade educativa», conclúen os populares.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *