A Conta Municipal increméntase un 3,68% con respecto ao ano pasado, orixinado polo novo contrato de Residuos Sólidos Urbanos
O Concello de Marín presentará unhas contas municipais para o 2026 no municipio de 18.528.406,75 euros. Esta cifra rexistra un incremento do gasto principal pola actualización do contrato de recollida de Residuos Sólidos Urbanos, que practicamente duplica o custo do anterior e imprime grandes melloras na xestión do servizo.
Supón un incremento do 3,68% con respecto ao Orzamento do 2025, sendo un Orzamento “axustado á realidadde económica do Concello”, explican desde a Alcaldía.
O Pleno do xoves, 18 de xuño, tratarase a a aprobación inicial do documento económico-financeiro, para abrir o prazo de alegacións e proceder despois á súa aprobación definitiva.
O resto das partidas mantéñense, en maior ou menor medida, cun reparto porcentual similar ao recollido no documento orzamentario do 2025, tendo enconta sempre os esforzos de xestión que se fai desde a entidade local para facer fronte a todos os gastos da actividade regular e diaria e que se suman á importancia de acadar financiación externa, a través de convenios e subvencións con outras administracións, para facer fronte a inversións de maior calado e transformación urbana e social.
Por outro lado, e co obxectivo de non repercutir o aumento dos custos nos cidadáns, volverán conxelarse as taxas e os impostos, sen rexistrar ningún incremento.
Entre os convenios e fondos que acadou o Concello e que substitúen á inversión directa do Capítulo 6, destacan os Plans Extraordinarios e os Plans Máis Provincia da Deputación de Pontevedra e os 6,5 millóns da EDIL, procedentes do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional da Unión Europea.
Desglose por áreas:
● Seguridade cidadá (Policía Local e Protección Civil) e mobilidade urbana: 1.831.650,78€ (9,89%)
● Urbanismo e vías públicas: 1.870.722,34€ (6,37%)
● Limpeza de espazos públicos, xestión de residuos urbanos, abastecemento, saneamento e alumeado público: 5.486.746,65€ (29,61%)
● Mellora medioambiental e mantemento de parques, xardíns e cemiterios: 902.025,59€ (4,87%)
● Servizos Sociais e Emprego: 2.322.769,35€ (12,54%)
● Educación e deporte: 2.005.528,87€ (10,82%)
● Cultura e festas: 1.268.074,11 (6,94%)
● Turismo e comercio: 291.233,23€ (1,57%)
● Administración xeral do Concello, Dixitalización e Participación Cidadá: 3.032.423,30€ (16,37%)
● Endebedamento: 189.232,54€ (1,02%)

