O mobiliario en construcción na dársena portuaria.

A alcaldesa fixo unha visita de obra onde se repasaron os detalles que faltan na execución e avanzou que se colocará unha placa de aceiro corten, deseñada en colaboración coa Asociación Museo do Mar

Máis verde, bancos e mobiliario para descansar e gozar do entorno marítimo. Iso é o que xa se está colocando no entorno da dársena portuaria, incluído dentro das obras de humanización de toda esta contorna, que ata o de agora só se utilizaba para estacionamento.

Así o comprobaron a alcaldesa, María Ramallo, e o concelleiro de Urbanismo, Manuel Santos, nunha visita de obra realizada recentemente xunto á empresa e a dirección de obra, unha vez sed formigonou o entorno e se están creando algúns dos bancos que levará a zona.

A maiores, comprobaron algunhas necesidades e estase terminando de deseñar a placa de aceiro corten que servirá como homenaxe aos homes e a mulleres do mar e que se fixo en colaboración coa Asociación Museo do Mar de Marín. “Este proxecto é unha das nosas apostas firmes pola recuperación de toda a zona que conecta a Praza de España co Paseo Alcalde Blanco,” explicou a alcaldesa, que lembrou que antes de actuar nela, “a lámina de auga presentaba un estado descuidado, coa presenza de neumáticos, fondeos, amarres e restos de obra, como cascotes, ladrillos e bloques de construción.

A rexedora lembra, ademais, que tanto a inversión na lámina de auga como desta mellora urbana “supoñen 0 euros de gasto para o Concello, xa que todo está financiado a través do Plan de Sostibilidade Turística, do que conseguimos unha ampliación de 300.000 euros”. Por outra banda, a actuación tamén inclúe a dotación dunhas letras corpóreas de Marín, que servirán como outro punto de atractivo turístico.

Colocación de novas pantallas de promoción turística.

E dentro tamén das inversións relacionadas co PSTD, instaláronse no espazo público catro totems de información cultural e turística, que formaban parte do contrato de posta en marcha da Oficina Virtual de Turismo, que estará no Hall do Auditorio. Colocáronse na contorna do Auditorio, no Parque Eguren, na Finca de Briz e no Mercado de Seixo.

As localizacións estaban determinadas pola necesidade de que houbese conexión directa a luz e a datos, para ter Internet, e considerando que estes puntos son estratéxicos pola afluencia de persoas que reciben. Veranse tanto recursos turísticos, que enlazarán coa web de Turismo, como a Axenda Cultural e de eventos municipal.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *