Alcaldesa e técnicos na reunión no Auditorio.

A alcaldesa dirixiu o encontro de todas as partes implicadas para repasar as tramitacións pendentes necesarias antes de que o edificio poida habilitarse para uso público

“As ganas son inmensas, pero a seguridade e ter todas as probas feitas e comprobadas é o fundamental”. Así resumiu esta mañá a alcaldesa, María Ramallo, o minuto e resultado da situación das obras do Auditorio de Marín.

A edificación, que xa está rematada, ten agora que pasar por todas as probas de seguridade e contraincendios necesarias para certificar que todo está correcto, así como as probas do equipamento escénico, que tamén están en proceso e certificando o seu perfecto funcionamento.

Na reunión, participaron o enxeñeiro e a arquitecta municipal, a empresa construtora, a dirección de obra, a empresa encargada das certificacións de seguridade e a Autoridade Portuaria. Entre todas as partes, “repasamos cales son os informes precisos para poder xa facer a recepción da obra”, explicou a rexedora, que adianta que a finais destasemana poderá terse unha data para ese trámite, imprescindible para poder habilitar o edificio para uso público.

Axardinado dos parterres exteriores

Por outro lado, xa está adxudicado o contrato para o axardinamento dos parterres exteriores, que suporán unha gran cobertura vexetal para o entorno do Auditorio e para todo ese barrio cultural que se xera na Praza de España e que entronca coa renaturalización que se está a facer no antigo Cemiterio de Chalanas.

A empresa encargada de facer a xestión dos xardíns será El Egidillo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *