Enterrador, electricista, obra pública, conserxe o xardinería son os postos a cubrir durante un máximo de oito meses
O Concello de Moaña comeza co proceso de seleción de persoal para o plan de promoción do emprego solicitado á Deputación de Pontevedra na Liña 3 do Plan +Provincia 2026 cun custe total de 336.462,34 euros. O goberno local financiará 219.432,34 euros co plan provincial e 117.030,24 euros de aportación municipal.
Un total de 20 persoas traballadoras para as categorías profesionais de albanel enterrador, oficial electricista, peón/a para obra ública, peón/a para Medio Ambiente-forestal, peón/a especialista xardinero, peón xardinero, conserxe de servizos múltiples para edificios e locais e limpiador. O tempo de contratación destes postos atópase na pinza entre os cinco e os oito meses como máximo.
Dende o Concello informan que para acceder a eles é imprescindible estar anotados na Oficina de INEM e ser solicitandes de prestación de emprego. Facilitamos os seguintes códigos nos que debedes estar anotados para ser seleccionados.

