Visita da alcaldesa e o edil ás obras.

A alcaldesa María Ramallo, xunto cos concelleiros Antonio Traba e Manuel Santos, comprobaron os avances, que xa mostran toda a nova cuberta e a envolvente

A alcaldesa, María Ramallo, acompañada polos concelleiros Antonio Traba e Manuel Santos, realizaron unha visita á execución da rehabilitación integral do Pavillón do Sequelo, que estará rematada antes de Semana Santa e que suporá un antes e un despois para esta infraestrutura deportiva.

Os traballos están moi avanzados, coa cuberta xa totalmente renovada, as novas luminarias LED instaladas, o repintado interior e todo o illamento da envolvente, para o que utilizou SATE. Tamén se cambiaron as canalizacións e as ventás nos vestiarios e agora están traballando na mellora da pista, pulíndoa e renovando o seu perímetro. retirando a tarima para poñer un material PVC resistente e con
durabilidade.

“Levamos un ano moi intenso no que ten que ver coa inversión deportiva e temos claro que esta era unha obra esencial”, asegurou a alcaldesa, consciente do enorme uso que ten este pavillón, “no que adestran moitos clubs, fanse competicións e eventos cada fin de semana…”

Coa previsión do que falta na obra, finalizarase antes de Semana Santa, e contará con nova sinalización e rotulación, do mesmo xeito que se fixo no Pavillón da Cañota, outra das infraestruturas deportivas renovadas nestes últimos anos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *