Os alumnos na escalinata do Concello.

Os nenos e nenas tiveron a oportunidade de coñecer a Casa do Concello e facerlle preguntas ao alcalde, concelleiros e concelleiras

O salón de plenos do Concello de Bueu acolleu este venres, 20 de febreiro, a visita de sesenta alumnos e alumnas do CPR Virxe Milagrosa, concretamente dos cursos de 1º, 2º, 3º e 4º de primaria. Os nenos e nenas puideron coñecer as funcións do alcalde e dos concelleiros e concelleiras e os servizos municipais. No acto participaron Félix Juncal, alcalde da vila, Carmen García, concelleira de cultura, mocidade e infancia, Martín Villanueva, edil de urbanismo e Xosé Leal, de facenda e contratación pública.

Os nenos e nenas fixeron tiveron a oportunidade de facerlle preguntas e propostas ao goberno sobre o funcionamento do Concello e do seu labor, así como as diversas concellarías e a xestión diaria.

A actividade forma parte do proxecto do centro para dar a coñecer o Concello e o alcalde salientou que “para nós as visitas dos colexios permítennos respirar aire puro e desconectar as nosas cabezas”. Ao final, fíxose entrega de tres xogos de Os Bolechas para a biblioteca do centro.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *