Presentación do Torneo no Concello de Marín.

O mellor minibasket de catro comunidades dáse cita en Marín no XII Torneo de Seleccións Autonómicas

Concello de Marín e Federación Galega de Baloncesto unen forzas organizativas e paixón polo baloncesto un ano máis. Xuntos organizarán esta fin de semana o XII Torneo de Seleccións Autonómicas Minibasket “Concello de Marín”, cita que xa é referente deportivo na vila e que reúne na mesma o mellor baloncesto dos xogadores e xogadoras máis novos.

Este sábado e domingo, 14 e 15 de febreiro, as Preseleccións Autonómicas de categoría Minibasket de Galicia, Euskadi, Castilla León e Asturias, tanto masculinas como femininas, serán as protagonistas desta cita amigable que hoxe viviu a súa posta de longo da man da alcaldesa de Marín, María Ramallo; o concelleiro de Deportes, Antonio Traba; e o presidente da Federación Galega de Baloncesto, Julio Bernárdez.

A alcaldesa de Marín sinalou que “Marín consolídase como sede deportiva de referencia en Galicia. Acoller desde a súa terceira edición de xeito consecutivo este torneo é motivo de orgullo para toda ua vila, e reflexo do noso compromiso co deporte base e coa promoción dos valores que transmite o baloncesto aos máis pequenos”

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *