Hortas do Sequelo.

Convocarase ás persoas que contan con parcela a unha reunión participativa o xoves 19 de febreiro a cargo do fundador do proxecto Cultivo Gallego, Aitor Jamardo, para orientar que iniciativas poden ser máis interesantes

As hortas urbanas do Sequelo son unha alternativa de ocio saudable para aqueles veciños que se interesan pola agricultura tradicional e ecolóxica, actividade que ven dando os seu fruto dende o ano 2012 na zona posterior do pavillón do Sequelo, con gran éxito entre a poboación.

Están concebidas como un sistema que permite o cultivo individual de pequenas parcelas de terra de forma tradicional mediante o emprego de técnicas de cultivo ecolóxico. Existen 71 parcelas, que se sortean cada catro anos.

Agora, o Concello traballa para revitalizalas e ofrecer novas actividades e proxectos ás persoas usuarias das mesmas. “O obxectivo é escoitar que cousas poden ser máis interesantes para sacarlle partido ás hortas, que novas técnicas podemos achegar ou tips e consellos que poidan ser beneficiosos”, explican fontes municipais.

Para iso, contarase coa participación de Aitor Jamardo, fundador do proxecto Cultivo Gallego, centrado na produción de productos de tempada, seguindo o ciclon atural das estacións, utilizando o cultivo biointensivo.

O experto será o encargado de dirixir unha reunión participativa á que están chamadas todas as persoas usuarias das hortas, así como outras persoas interesadas neste campo, para poder aportar ideas e coñecer máis de preto esta técnica de cultivo e que actividades poden ser plantexadas ao longo do ano en torno a esta temática.

A reunión será o próximo xoves 19 de febreiro, ás 11.00 horas, nas hortas urbanas, aínda que a localización pode cambiar en función da previsión meterolóxica. Non é preciso inscrición previa.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *